PORTAS

Carta de presentación "Ábrese unha porta..."

Aquí estamos, cada quen na súa casa, os profes, as familias, vós. Facendo o que hai que facer, coidarnos moito e coidar aos demais. Ben feito. É o momento de axudar moito e demostrar que xa sabemos moitas cousas.

Custounos un chisco, pero despois das primeiras conexións que por fin nos deixaron sentirnos un pouquiño máis cerca (non imaxinades as ganas que tiñamos de saber que estades aí), decidimos lanzar esta nova proposta

A tecnoloxía estanos axudando nestes días. Ás veces serve para divertirnos e no noso caso mantennos en contacto con vós, pero non hai que esquecer que máis de dúas horas diante da pantalla comeza a xerar un deterioro cognitivo. O cerebro necesita máis, vós xa o sabedes, xogar, ler, debuxar, escoitar música, historias, buscar e rebuscar, intentar atoparse como poidamos cos amigos e amigas... Hai moitas cousas que sabedes que se poden facer sen deixar de aprender e que non teñen nada que ver con ter diante unha pantalla ou estar quietos e sentados. Aprender de todo, porque estes días un pouco estraños estannos ensinando moitas cousas a todas e todos.

Somos os vosos mestres e mestras, e gustaríanos moito saber cousas de vos, tamén que saibades cousas de nós, por iso imos facervos propostas que se queredes, se vos apetecen, se tedes forzas e vos gustan, podedes probar. Sodes libres de facelo ou non facelo.

A pesar de ter que estar en casa , tedes toda a liberdade para escoller se queredes ou non seguir as nosas propostas, realmente o que máis queremos é manter o contacto, sen máis.

Dende a escola, tódalas actividades que se propoñen teñen un carácter voluntario, e por suposto non serán avaliables, non vos imos poñer nota por elas. Coas nosas propostas pretendemos buscar un pouquiño de diversión educativa e manter exercitado e activo o cerebro, ese órgano que tedes noviño de todo, que está medrando, e que nós queremos que se vos encha de cousas, das vosas cousas!

Esta proposta ten un aire de "Circula", o circula de terceira e cuarta hora, onde o protagonismo está nos vosos intereses. Vós decidides que porta queredes atravesar e en que máxico mundo vos queredes mergullar.

Por iso:


ESTA PORTA ÁBRESE A....

Colexio Martín Códax
Todos los derechos reservados 2020
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar