ARTES

Cando abrimos esta porta notamos una brisa fresca que arrastra sons fermosos, imaxes rotundas, ideas fugaces. Todas as cousas que pertencen á vosa capacidade como creadoras e creadores, como soñadores, como persoas que xa teñen un gusto e unas ideas propias.

Esta porta ábrese ás artes en todas as facetas que queirades imaxinar: músicas varias, pinturas, cancións, debuxos, regueifas, modelados, raps, collages, beat box, fotos... por aquí teñen que sair ao mundo as vosas ideas nos formatos que vós queirades con dúas condicións: teñen que ser cousas que ou ben vos gusten moito, tanto tanto que podades dicir que son vosas porque vos representan como persoas, ou feitas por vós dende a máis absoluta orixinalidade.

O grupo de pop ou rock que máis vos gusta, a canción que escribistes, os vosos primeiros cadros, ese pintor con bigotes tan raros, un "solo de trompeta", a caricatura do profe de física cuántica, o instrumento que queredes aprender a tocar, o deseño dun vestido de festa, etc.

Cando nos fagades chegar todas as vosas creacións podedes contar un pouco COMO están feitas e POR QUE as fixestes, se vos apetece. A nós encantaríanos. Se hai una historia que queirades contar con gusto, queremos coñecela.

En principio imos facer públicos os traballiños e cousas que nos mandedes aos nosos correos, sen vosos nomes para salvaguardar a vosa intimidade. Poderedes velos e buscar inspiración neles pero teredes que descubrir de quen son, salvo aquelas que veñan asinadas, únicamente co nome sen apelidos. Isto pode servir como xogo de investigación entre todos.

Tamén podemos buscar a inspiración no que nos pasa día a día, nas nosas familias, nos libros, pelis, videos, no que nos rodea ou no que sentimos que nos falta.

Os proxectos de creación artística funcionan moito mellor se antes de lanzarvos de cabeza facedes un pequeño esquema ou plan do que queredes facer, bosquexos, deseños, borradores, que poidades ver para así axudar nalgunha cousiña se é necesario.

Estamos tolos por recibir as vosas cousiñas, sabemos que estamos nun cole de artistas!

Colexio Martín Códax
Todos los derechos reservados 2020
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar