CIENCIAS DA NATUREZA

Os seres humanos somos animais racionais, é dicir, aos que nos gusta saber o porque de todas as cousas e logo, se nos deixan, clasificalas e organizalas segundo os nosos criterios.

O mundo que nos rodea foi dende sempre un bo lugar sobre o que facerse preguntas: que son os raios? Cal foi o primeiro ser vivo sobre a superficie terrestre? ou porque flotamos na auga? foron algunhas das preguntas que nos fixemos.

Ao abrir esta porta buscarás a resposta a moitos dos enigmas da natureza. 

Atréveste?

Escollede un tema e comezade a anotar preguntas, a tirar do fío e a buscar información. Calquera fonte pode ser boa, os pais e nais, os avós e avoas, libros, internet, documentais na tele, experimentando vós mesmos. Pero non esquezades contrastar a información e citar as fontes.

Podedes presentar o traballo en calquera formato (vídeo, escrito, debuxo, comic...)

Estamos impacientes por recibir as vosas creacións, se queredes.

Ánimo, científicas e científicos !!!

Colexio Martín Códax
Todos los derechos reservados 2020
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar