EXPRESIÓN E MOVEMENTO

Debruzada na fiestra inspirei profundamente.

O mundo semellaba detido.

A brisa achegoume unha folla que

danzaba en verde e ocre edificio abaixo.

Pensei que era fermosa.

Os seus bambeos parecían agarimos

na desoladora paisaxe.

Un remuiño multicolor esperaba por ela

na quietude da rúa para comezar a función.

Entón sentín, e nunca antes se me revelara,

que a vida é movemento.

Este é un bo momento para crear, podes achegar o movemento ao lugar que queiras.... á danza, á expresión, ao xogo, deporte, destreza, axilidade, saúde, natureza... Escolle unha música e fai unha coreografía. Deseña un circuito de axilidade con materiais alternativos. Abráianos coa túa destreza enlazando, por exemplo, lanzamentos, rodamentos e botes cun balón. Indaga sobre o teu deporte favorito, outros antigos... Expresa diferentes estados de ánimo, un poema, as catro estacións, ou o que desexes. Inventa un xogo.

A túa imaxinación está tamén en movemento!!



Colexio Martín Códax
Todos los derechos reservados 2020
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar