Neste tempo de portas pechadas as mestras e mestres de 5º e 6º queremos abrir unha porta e tamén unha xanela ás vosas casas neste 3º Trimestre cheo de incertidume.
Estamos aquí xunto a vós, xunto ás vosas nais e pais, para aprender todos unidos desta situación insólita que nos leva a cambiar a nosa escola por unha mesa, unha pantalla e uns auriculares.
Velaí vai a nosa proposta para o 3º trimestre.